William Shakespeare

Casa natal de Shakespeare en [[Stratford-upon-Avon William Shakespeare, nado en Stratford-upon-Avon, Warwickshire, Reino de Inglaterra, c. bautizado o 26 de abril de 1564 e finado ib o de 1616, foi un poeta e dramaturgo inglés. Coñecido en ocasións como o Bardo de Avon (ou simplemente o Bardo), considerado desde hai tempo por moitos como o meirande escritor en lingua inglesa e un dos máis célebres da literatura universal.

Segundo a ''Encyclopædia Britannica'', «Shakespeare é xeralmente recoñecido como o máis grande dos escritores de todos os tempos, figura única na historia da literatura. A fama doutros poetas, tales como Homero e Dante Alighieri, ou de novelistas tales como Lev Tolstoi ou Charles Dickens, transcendeu as barreiras nacionais, pero ningún deles chegou a alcanzar a reputación de Shakespeare, cuxas obras hoxe lense e representan con maior frecuencia e en máis países que nunca. A profecía dun dos seus grandes contemporáneos, Ben Jonson, cumpriuse por tanto: "Shakespeare non pertence a unha soa época senón á eternidade"».

O crítico estadounidense Harold Bloom sitúa a Shakespeare xunto a Dante Alighieri, na cúspide do seu «canon occidental»: «Ningún outro escritor tivo nunca tantos recursos lingüísticos como Shakespeare, tan profusos en ''Traballos de amor perdidos'' que temos a impresión de que, dunha vez por todas, alcanzáronse moitos dos límites da linguaxe. Con todo, a maior orixinalidade de Shakespeare reside na representación de personaxes: Nick Bottom (''Soño dunha noite de San Xoán'') é un melancólico triunfo; Shylock (''O mercader de Venecia''), un problema permanentemente equívoco para todos nós; pero '' sir'' John Falstaff (''Henry IV, Part 1'') é tan orixinal e tan irresistible que, con el, Shakespeare dá un xiro de cento oitenta graos ao que é crear a un home por medio de palabras».

Jorge Luis Borges escribiu sobre el: «Shakespeare é o menos inglés dos poetas de Inglaterra. Comparado con Robert Frost (de New England), con William Wordsworth, con Samuel Johnson, con Chaucer e cos descoñecidos que escribiron, ou cantaron, as elexías, é case un estranxeiro. Inglaterra é a patria do ''understatement'', da reticencia ben educada; a hipérbole, o exceso e o esplendor son típicos de Shakespeare».

Shakespeare foi poeta e dramaturgo venerado xa no seu tempo, pero a súa reputación non alcanzou as altísimas cotas actuais ata o século XIX. Os románticos, particularmente, aclamaron o seu xenio, e os vitorianos adoraban a Shakespeare cunha devoción que George Bernard Shaw denominou «bardolatría».

No século XX, as súas obras foron adaptadas e redescubertas en multitude de ocasións por todo tipo de movementos artísticos, intelectuais e de arte dramática. As comedias e traxedias shakespearianas foron traducidas ás principais linguas, e constantemente son obxecto de estudos e represéntanse en diversos contextos culturais e políticos de todo o mundo. Por outra banda, moitas das citas e aforismos que salpican as súas obras pasaron a formar parte do uso cotián, tanto en inglés como noutros idiomas. E no persoal, co paso do tempo, especulouse moito sobre a súa vida, cuestionando a súa sexualidade, a súa filiación relixiosa, e mesmo a autoría das súas obras.

A súa obra é tal, que moitas das súas personaxes aínda son obxecto de cuantiosos estudos. Unha das características máis salientables da mesma é a profunda e complexa definición psicolóxica das súas personaxes. Παρέχεται από τη Wikipedia
Εμφανίζονται 101 - 120 Αποτελέσματα από 121 για την αναζήτηση 'Shakespeare, William', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 101
  2. 102
  3. 103
  4. 104
  5. 105
  6. 106
  7. 107
  8. 108
  9. 109
  10. 110
  11. 111
  12. 112
  13. 113
  14. 114
  15. 115
  16. 116
  17. 117
  18. 118
  19. 119
  20. 120