Charles Dickens

Catherine Hogarth dona de Dickens Charles John Huffan Dickens, nado en Portsmouth, Inglaterra, o 7 de febreiro de 1812 e finado en Gadshill Place o 8 de xuño de 1870, foi un escritor e crítico social inglés, un dos máis coñecidos da literatura universal. Creou algúns dos personaxes de ficción máis coñecidos do mundo, e, é considerado por moitos como o mellor novelista e o principal da era vitoriana. Foi mestre do xénero narrativo, ao que imprimiu certas doses de humor e ironía, practicando á vez unha aguda crítica social. Na súa obra destacan as descricións de xente e lugares, tanto reais como imaxinarios. Utilizou en ocasións o pseudónimo Boz.

Críticas posteriores, tales como as de George Gissing e Gilbert Keith Chesterton, defenderon e aclamaron o seu dominio da lingua inglesa como inigualable, os seus personaxes como inesquecibles, e en gran medida a súa profunda sensibilidade social. No entanto, tamén recibiu críticas dos seus mellores lectores -George Henry Lewes, Henry James e Virginia Woolf, entre eles- os cales achacaron certos defectos ás súas obras, como o sentimentalismo efusivo, acontecementos irreais e personaxes grotescos.

As súas novelas e relatos curtos gozaron de gran popularidade en vida do escritor, e aínda hoxe edítanse continuamente. Dickens escribiu novelas por entregas, o formato usual na ficción na súa época, pola simple razón de que non todo o mundo posuía os recursos económicos necesarios para comprar un libro, e cada nova entrega das súas historias era esperada con grande entusiasmo polos seus lectores, nacionais e internacionais. Dickens foi e segue sendo venerado como un ídolo literario por escritores de todo o mundo. Παρέχεται από τη Wikipedia
Εμφανίζονται 1 - 20 Αποτελέσματα από 75 για την αναζήτηση 'Dickens, Charles', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20