Enver Hoxha

Enver Halil Hoxha ( ), nado en Gjirokastra o 16 de outubro de 1908 e finado en Tirana o 11 de abril de 1985, foi un xefe de Estado e ditador albanés, dirixente da República Popular de Albania dende 1944 ata a súa morte. Desempeñou as funcións de secretario xeral do Partido do Traballo de Albania (PPSH) entre 1941 e 1985, así como o cargo de primeiro ministro de Albania entre 1944 e 1955.

Completou a educación secundaria no Liceo Nacional de Albania (Korçë) e máis tarde obtivo unha bolsa para estudar na universidade de Montpellier. Aínda que de novo xa mostraba interese pola política, a súa experiencia en Francia foi a que o levou a militar en organizacións comunistas. En 1941, durante a segunda guerra mundial, foi un dos fundadores do Partido Comunista de Albania e combateu cos partisanos albaneses que liberaron o país en 1944, primeiro dos invasores italianos e despois do exército alemán. A través do Consello Antifascista de Liberación Nacional, presidido por el, o novo goberno derrogou o réxime monárquico de Zog I para establecer a República Popular de Albania.

Os 41 anos de mandato ininterrompido de Hoxha divídense en dúas etapas: a primeira (1944-1976) caracterizada por alianzas temporais con potencias socialistas —Iugoslavia, a Unión Soviética e a República Popular da China—, e unha segunda (1976-1985) marcada polo isolacionismo, o antirrevisionismo e o seguimento ortodoxo do marxismo-leninismo. Do seu goberno destacouse a defensa do stalinismo, a eliminación de todo tipo de oposición a través de métodos que incluían a pena de morte a transformación do país cara a unha economía industrializada e autoabastecida, o ateísmo de Estado o establecemento dunha policía secreta para a represión política da poboación (''Sigurimi'') e, nos seus últimos anos, o illamento internacional en que quedou sumida Albania.

Logo da súa ruptura coa URSS, varias organizacións internacionais declaráronse hoxhaístas. A máis importante foi a Conferencia Internacional de Partidos e Organizacións Marxista-Leninistas. Παρέχεται από τη Wikipedia
Εμφανίζονται 1 - 3 Αποτελέσματα από 3 για την αναζήτηση 'Hoxha, Enver', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3